ACT TV 2016

ESPECIAL

25 Ago 2016

Último encontro para as 12 embarcacións

Último encontro para as 12 embarcacións

Esta mañá celebrouse a presentación da XXXV Bandeira Noble Villa de Portugalete no Concello da localidade biscaína

O domingo a partir das 12.00 horas porase en xogo a décimo sptima xornada da Liga San Miguel coa desputa da XXXV Bandeira Noble Villa de Portugalete, na que será a segunda das tres incursións da Liga San Miguel na localidade biscaína. Un encontro especial xa que será a última na que se vexan as caras as 12 embarcacións que este ano foron protagonistas da Liga San Miguel. Esta regata, cómpre lembrar, terá o mesmo escenario que o encontro do sábado e as quendas virán marcadas pola orde da clasificación xeral da Liga San Miguel.

A presentación desta XXXV Bandeira Noble Villa de Portugalete tivo lugar esta mañá no Concello de Portugalete. Até esta achegaronse María Jose Blanco, alcaldesa en funcions da vila portugaluxa; Karlos Belasko, presidente de Portugalete Eule; e o concelleiro de deportes, Iker Villalba.

Dossier da regata 

Voltar