Novas 2017

ESPECIAL

27 Xu˜ 2017

A grande loita dos patróns

A grande loita dos patróns

Co inicio da Eusko Label Liga, comeza tamén a batalla polo Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón
 

Os patróns dos 12 clubs que competirán pola Coroa CaixaBank durante este verán, tamén loitarán paralelamente por outro trofeo que premia a actuación individual de cada un deles, o Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón. Os vencedores do ano pasado, os patróns de San Juan Sumelec Endika Pérez e Unai Oliden, tentarán revalidar o título por terceira tempada consecutiva, mentres que os demais loitarán por lles robaren este recoñecemento. Con este trofeo premiarase o labor dos patróns durante as 18 xornadas que compoñen a Eusko Label Liga. Daquela, seguindo unha serie de criterios obxectivos, os datos do GPS servirán para avaliar cada xornada con tres, dous ou un punto o traballo e a destreza do patrón. O patrón que lidere a clasificación, irá identificado co maillote branco de CaixaBank. Este ano, ademais, estrease un novo deseño do maillote branco creado por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga.

O Comité Técnico será o encargado de puntuar a mestría dos patróns en cada regata. E para alén do seguemento que os xuíces farán durante o transcurso da regata, o Comité Técnico tamén administrará información precisa conseguida grazas ao GPS. O GPS medirá os metros realizados pola traiñeira durante a regata, o tempo que necesitou a embarcación para manobrar nas tres ceavogas (a distancia medirase de 50 metros antes a 50 metros despois da baliza), e o factor relativo do traballo resultante do patrón (comparando tempo/velocidade do percorrido e o tempo/velocidade en apañar as ceavogas). Despois de analizar e contrastar todos eses datos, ao patrón que teña executado con mellores resultados todo este labor asignaránselle tres puntos, dous puntos ao segundo e un ao terceiro.

Por outra banda, este ano haberá unha novidade á hora de premiar os puntos conseguidos polo mellor patrón. Até o de agora, sumábanse os puntos conseguidos por todos os patróns do mesmo club. Así pois, o equipo que sumaba a maior cantidade de puntos gañaba. Porén, nesta edición, os patróns sumaran puntos individualmente, polo que só haberá un patrón gañador.

Voltar