ACT TV 2017

ESPECIAL

01 Xul 2017

Urdaibai Avia golpea primeiro

Urdaibai Avia golpea primeiro

A ‘Bou Bizkaia’ faise con esta VIII Bandeira de Bilbao convertíndose no primeiro líder da Eusko Label Liga
 

Parece que nada mudou dende que a tempada pasada ficara Urdaibai Avia como campión da Eusko Label Liga. Hoxe, na primeira xornada da tempada desputada nas augas da Ría de Bilbao a ‘Bou Bizkaia" levou a VIII Bandeira de Bilbao tirando unha vantaxe de 2” a Hondarribia, e convertíndose deste xeito tamén no primeiro líder da nova campaña. Na clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón os tres primeiros puntos foron para Oscar Hermo, patrón de Cabo.

A quenda de honra desta tarde voltou deixar unha bonita loita entre os dous equipos que loitaron pola vitoria até a derradeira xornada a campaña pasada. Ao final, a vitoria decantouse a favor dos mozos de Joseba Fernández, con un tempo final de 19’25”70, con unha vantaxe de 2" segundos sobre a ‘Ama Guadalupekoa’. Kaiku Producha foi terceira no día de hoxe con un rexistro de 19’39”00 e San Juan Sumelec pechou esta quenda con 19’53”56, conseguindo así a sexta praza nesta primeira xornada.

A segunda quenda deixou ver a traiñeira de Orio Babyauto como un dos equipos fortes que loitarán por entrar na quenda de honra. Os ‘agiluchos’ gañaron con solvencia a quenda marcando un tempo de 19’52”84, o que lles serviu para clasificárense como cuartos. Tirán Pereira entrou tras os guipuscoanos con un tempo de 20’00”34, sendo novenos. Pola súa banda, Cabo e Astillero pecharon a quenda con 20’22”88 e 20’24”08, clasificándose onceavos e doceavos respectivamente.

A quenda que abriu a Eusko Label Liga 2017 ratificou a Ondarroa Cikautxo como unha das sorpresas da xornada. Os recén ascendidos foron finalmente sétimos, superados apenas na súa quenda por un Zierbena Bahías de Bizkaia que marcou 19’52”30, con unha vantaxe de 2” sobre a ‘Antiguako Ama’. San Pedro foi terceiro na quenda e oitavo na clasificación da regata con 19’59”96 e Ares pechou esta primeira quenda con 20’08”04 o que lle valeu para clasificárense hoxe como décimos.

Mañá en Portugalete

Tras ter comezado hoxe unha nova tempada da Eusko Label Liga, a competición trasládase mañá a Portugalete, coa desputa da XVI Bandeira Concello de Sestao a partir das 12.00 horas. 

Voltar