Novas 2017

COMPETICION

16 Xul 2017

Zierbena Bahías de Bizkaia consegue a primeira bandeira

Zierbena Bahías de Bizkaia consegue a primeira bandeira

Os ‘galipo’ conseguen en augas de Ares a súa primeira vitoria na historia da Eusko Label Liga vencendo dende a primeira quenda

Zierbena Bahías de Bizkaia lembrará o día de hoxe como a xornada na que ondearon a súa primeira bandeira na Eusko Label Liga, tras conseguiren facerse coa X Bandeira Concello de Ares. Urdaibai Avia, pola súa banda, aumenta nun punto máis a súa vantaxe sobre Hondarribia na clasificación da Eusko Label Liga, na que xa ten un colchón de 4 puntos sobre a ‘Ama Guadalupekoa’ e 8 sobre Orio Babyauto. Unha xornada máis, Ioseba Amunarriz, patrón de Hondarribia, segue a liderar a clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón.

Os ‘galipo’ non deron opción ninguna esta mañá aos seus compañeiros da primeira quenda e dominou do comezo a fin conseguindo un tempo de 19’44”32, o cal non se deu superado por ningún dos equipos que viñeron despois. Cabo puido darlle a volta ao seu mal resultado do día de onte con unha cuarta praza hoxe a 19” de Zierbena Bahías de Bizkaia. Astillero foi sexta con 20’07”64 e Ares colleitou un sétimo lugar con 20’14”78.

A quenda de honra voltou amosar unha ‘Bou Bizkaia’ moi forte á que os seus rivais non puideron achegarse en toda a regata. No fin, Urdaibai Avia foi segunda a 3”88 do tempo dos adestrados por Juan Zunzunegui. Hondarribia foi hoxe terceira con 20’02”56 e Orio Babyauto rematou en quinta posición a 23” dos vencedores do día de hoxe. Tirán Pereira pechou a quenda de honra con un tempo de 20’30”38, o que lle valeu para ser onceavo.

Kaiku Producha e Ondarroa Cikautxo desputáronse a vitoria na segunda quenda de hoxe, na que a vitoria final foi parar ás mans da ‘Bizkaitarra’, con 20’16”14, rematando en oitava posición. Pola súa banda, a ‘Antiguako Ama’ foi novena con 20’23”70. San Pedro e San Juan chegaron á meta con un rexistro de 20’28”24 e 20’32”46 para se clasificaren na décima e doceava posición respectivamente.

Santander e Pasaia no horizonte

Tras o remate deste primeiro fin de semana en augas galegas, a Eusko Label Liga voltará a semana próxima coa desputa da V Bandeira CaixaBank o sábado en Santander e a Bandeira Adegi o domingo en Pasaia.
 

Voltar