Novas

COMPETICION

16 Xul 2021

Orio e Getxo continuarán co espectáculo da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Orio e Getxo continuarán co espectáculo da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren Orio e Getxo continuarán co espectáculo da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Gipuzkoa e Bizkaia serán os escenarios da quinta e sexta xornada de ambas ligas, que no caso das mulleres, chegará ao ecuador da tempada

Logo das regatas desputadas en Donostia e Zierbena, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren continuarán en augas de Gipuzkoa e Bizkaia. Concretamente, Orio e Getxo serán as localidades que van acoller a quinta e a sexta xornada de ambas as dúas competicións.

Tanto na Liga Eusko Label como na Liga Euskotren a emoción dá para apalpar, e as clasificacións de ambas competicións están moi igualadas. Este sábado, en augas de Orio, Santurtzi T. y G. Aguado e Orio Orialki sairán cos maillotes de líder, mentres que Donostiarra Amenabar e Hondarribia Bertako Igogailuak portarán os maillotes do mellor patrón CaixaBank e mellor patroa. 

Na localidade gipuscoana desputarase a Orioko XXXI. Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera e máis a Orioko XXI. Emakumezkoen Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera. Na categoría masculina, é un campo de regatas que lle presta a GO fit Hondarribia, xa que dende o ano 2016, en tres ocasións a Bandeira rematou na localidade fronteiriza, ademais de que no ano 2017 conseguiron facer o récord do campo de regatas, cun tempo de 19’31”76.

As quendas da xornada de Orio, serán segundo a clasificación xeral, polo que ás 18:30 horas, no inicio da regata masculina, comezarán a vogar Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, CR Ares e Lekittarra Elecnor. Na segunda quenda competirán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Ciakutxo, Orio Orialki e Bermeo Urdaibai Avia, mentres que na quenda de honra farano Donostiarra Amenabar, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e o líder Santurtzi T. y G. Aguado. 

Na categoría feminina, quen máis bandeiras obtivo nas últimas cinco tempadas foi San Juan Iberdrola con dúas, mentres que Orio Orialki, Donostiarra Lacturale e Hibaika comparten cadansúa vitoria. Donostiarra, a tempada pasada ademais de levar a vitoria, tamén conseguiu o récord do campo de regatas cun tempo de 10’51”74. As catro traiñeiras comezarán a competir ás 18:10 horas. 

GETXO REPITE MÁIS UNHA TEMPADA
As competicións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren estarán en Getxo na xornada do domingo, onde estarán en xogo a Getxoko Estropaden XLIII. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVII. Omenaldia e a Getxoko XIII. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVII. Omenaldia. Orio quererá repetir a súa grande xornada da tempada pasada, onde conseguiu levar as dúas bandeiras. 

A xornada encetará ás 11:40 horas co inicio da Liga Euskotren. Orio, que conta coas dúas últimas bandeiras de Getxo no seu haber, quere seguir co seu idilio con esta regata, e sumar a súa terceira vitoria na localidade biscaína. 

Pola súa parte, a regata masculina comezará ás 12:13 horas coa primeira quenda coas tripulacións que conseguiron os peores tempos na xornada anterior en Orio. O campo de regatas de Getxo é moi habitual na Liga Eusko Label, e o mellor tempo data da tempada 2009, cando Naturhouse Castro detivo o crono en 19’18”70. Ao igual que en Orio, GO fit Hondarribia conseguiu tres vitorias nas últimas cinco tempadas, aínda que Donostiarra e Orio foron as últimas traiñeiras en levaren a Bandeira para a súa vitrina. 

Voltar