Novas

COMPETICION

09 Nov 2021

A oficina de CaixaBank de Santurtzi viste as cores de Santurtzi Trasnsportes y Grúas Aguado

 A oficina de CaixaBank de Santurtzi viste as cores de Santurtzi Trasnsportes y Grúas Aguado

A entidade financeira redeseñou a fachada da súa oficina en Santurtzi con fotos dos campións da Coroa CaixaBank 2021
 

A Sotera de Santurtzi hai pouco máis dun mes e medio logrou revalidar o título e erguer por segundo ano consecutivo a Coroa CaixaBank que a acredita como mellor traiñeira da tempada. É por isto que CaixaBank quixo brindar a súa pequena homenaxe á traiñeira santurtziarra e tematizou a oficina principal que ten a entidade financeira en Santurtzti coas cores moradas. Concretamente, toda a fachada da oficina está vinilada con imaxes dos campións e servirá para manter moi presente os éxitos colleitados pola embarcación morada.  Ademais, a afección da Sotera que o desexe poderá achegarse á oficina de CaixaBank situada na Avenida Murrieta 20 e levar de xeito gratuíto o póster dos campións. Un póster no que se pode ver o momento no que os campións reciben a Coroa CaixaBank no pasado 19 de setembro. 

No encontro estiveron presentes unha pequena representación da traiñeira santurtziarra e Aintzine Correa, Directora de Área de Negocio de CaixaBank na Marxe Esquerda. “Aínda que pareza que fica lonxe, este verán voltamos vivir un espectáculo deportivo de primeiro nivel grazas ao esforzo de todos os remeiros e remeiras que nos ofreceron unhas regatas espectaculares. E,  ademais, a tempada redondeouse máis aínda coa vitoria por segundo ano consecutivo da ‘Sotera’, que nos trouxo de novo a Coroa CaixaBank para Santurtzi”. 

Pola súa banda Andoni García, remeiro da Sotera, aproveita tamén para facer unha valoración do rendemento da embarcación morada. “Estamos moi contentos de podermos recibir este tipo de homenaxes e cremos que pon en valor todo o esforzo que realizamos durante todo o ano para poder mos chegar até aquí. E a verdade que o que levamos feito nestes dous anos irémolo pondo en valor co paso do tempo, pero é moi difícil conseguir ser a mellor traiñeira durante dous veráns seguidos nunha competición tan cargada e esixente”, explica o da Sotera. “Chegar a setembro e poder erguer a Coroa CaixaBank é unha sensación indescriptíbel”, conclúe. 

A vinculación histórica de CaixaBank co deporte
CaixaBank é unha das empresas pioneiras no patrocinio deportivo con case 30 anos de experiencia. A través do patrocinio, a entidade financeira fomenta o progreso cultural, social e económico en todo o territorio no que ten actividade, en liña cos seus valores fundacionais de compromiso coa sociedade. 

A través da maior rede de oficinas do sector, CaixaBank mantén unha estreita vinculación co territorio e conta cunha vocación de entidade próxima ao cliente, que se traduce en patrocinios estatais, rexionais e locais como estratexia adecuada para xerar notoriedade en cada zona de influencia. Por ese motivo, CaixaBank en Euskadi está presente en entidades como o Eibar, Alavés, Amorebieta ou Baskonia. Aínda, a estratexia da entidade pasa tamén por apoiar e fomentar o deporte do territorio, como é o caso do remo coa liga de traiñeiras, e o da pelota man co patrocinio principal da LEPM. 

Voltar