Novas

COMPETICION

17 Dec 2022

A ACT segue o seu camiño

A ACT segue o seu camiño

Decorreu a derradeira Asemblea do ano 2022 

Os socios da Asociación de Clubs de Traiñeiras realizaron esta mañá a derradeira sesión asemblearia do ano 2022 en Portugalete. Nela, os clubs repasaron o estado económico e administrativo da presente campaña.
 
Ao mesmo tempo, os clubs da Asociación aprobaron diferentes mudanzas do código de regatas que entrarán en vigor a partir do vindeiro ano. Tamén aprobaron a prórroga do Convenio de Colaboración vixente entre a ALN (Asociación Liga Noroeste) e a ACT, para extender a súa actual vixencia até o 31 de decembro do ano 2023.
 

Voltar