Novas

ASOCIACION

24 Dec 2022

Bo nadal e próspero ano novo!

Bo nadal e próspero ano novo!

O novo rumbo da Liga Euskotren será a grande novidade do ano 2023

2022 foi de novo unha grande tempada para a ACT, e as súas dúas competicións volveron resultar espectaculares.

A vixésima edición da Liga Eusko Label e o retorno da Fan Zone foron os puntos fortes do ano que acabamos de desfrutar. Pola súa parte, o 2023 tamén vén cargado de desafíos e novas expectativas, como é o caso da décimo quinta tempada da Liga Euskotren, que será histórica porque contará con oito traiñeiras femininas por primeira vez.

Unha nova tempada onde cada vez máis afeccionados e afeccionadas seguiremos a gozar do remo de banco fixo de máximo nivel e da emoción de ambas competicións en directo.

Con esta motivación e vontade entramos no ano novo. E afrontamos a nova tempada coa maior ilusión posíbel, desexando poder atopármonos logo.

 
Todas as persoas que compoñemos a familia da ACT queremos desexarvos un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo! 
 

Voltar