Novas 2024

COMPETICION

07 Xul 2024

Urdaibai gaña a XLI Bandeira de Petronor

 Urdaibai gaña a XLI Bandeira de Petronor  Urdaibai gaña a XLI Bandeira de Petronor

É a cuarta vitoria consecutiva dos de Bermeo

Urdaibai gañou en Zierbena a XLI bandeira Petronor, cun tempo de 19:41,52. Ama Guadalupekoa realizou un terceiro longo rápido, pero non foi abondo para derrotar o actual líder e chegou en segunda posición, 7 segundos despois dos rapaces de Gorka Aranberri. A terceira foi a traiñeira local, que parou o crono nun tempo de 19:52,56 e os oriotarras foron cuartos,  con 15 segundos de diferenza respecto á traiñeira bermeana.

A clasificación xeral da Liga Eusko Label é a seguinte: Urdaibai ten 48 puntos, Zierbena 41, Hondarribia 40 e Orio 36.

Arraun Lagunak leva para a casa a IV Bandeira Edinor

Arraun Lagunak leva para a casa a IV Bandeira Edinor, a cuarta consecutiva na Liga Euskotren .Foron dirixidas, máis unha vez, por Andrea Astudillo, quen obtivo a vitoria diante do seu pobo, chegando á meta nun tempo de 10:41,82. As tres traiñeiras restantes pararon o crono con poucos segundos de diferenza: Tolosaldea 7 segundos despois de Arraun Lagunak, Orio con 8 segundos de diferenza e Donostiarra con 9 segundos de retraso.

Polo tanto, Arraun Lagunak segue primeira na Liga Euskotren, con 32 puntos. As segundas son as tolosarras con 27 puntos, as terceiras as oriotarras con 25 e no cuarto lugar están as donostiarras con 20.

Voltar